Noticias
GRUPO DE AXUDA MUTUA

Home 9 Noticias 9 GRUPO DE AXUDA MUTUA

O equipo de Asem Galicia organizamos para os días 15 e 22 de outubro polas tardes de 17.00 a 20:00 h na nosa sede de Vigo para tódolos nosos socios e as súas respectivas familias; por suposto, con carácter gratuíto.

O que busca ASEM con este tipo de accións, é xuntar un colectivo afectado por unha patoloxía neuromuscular. Porque entendemos, que o asociacionismo é moi importante cara a empatizar, compartir historias de vida, sentimentos atopados, medos, dúbidas e situacións varias; que ao compartilo cos demais, estamos a unir lazos, tanto no ámbito da enfermidade, como tamén fóra deste.

Devanditos talleres serán impartidos por Mª Jesús Abeledo, profesional en Atención psicolóxica e no desenvolvemento de estratexias que permiten xestionar emocións de maneira saudable, mellorando relacións sociais e familiares.

Para máis información sobre esta actividade, non dubiden en poñerse en contaco connosco.
Remitimos ligazón dunha publicación nosa sobre «Apoio Psicolóxico nas ENM»

http://www.asemgalicia.com/wp- content/ uploads/Apoio- psicologico-e- ENM_Saber-Entender_Informe-2014.pdf

Rogamos confirmación de asistencia no teléfono 986 378 001 ou por correo-e a info@asemgalicia.com

#CompartimosNosasForzas

Búscar noticias

Mostrar más resultados...

Generic selectors
Solo coincidencias exactas
Buscar en el título
Buscar en el contenido
Post Type Selectors

1 EURO BASTA

Hazte socio

Hazte Socio

BUSCADOR MYOCOR

myocor

Últimas entradas del blog

BOLETÍN DE NOTICIAS

Boletín de noticias: convenios, actividad asociativa, servicios, etc.